Mércores. 27.10.2021
El tiempo

Unha xornada de convivencia na familia Aspadex

Unha xornada de convivencia na familia Aspadex

Poucas familias hai na Costa tan especiais como a de Aspadex. Todas unhas institucións na comarca de Fisterra, alá por onde van arrasan coa súa simpatía. Sexa festa, sexa evento deportivo ou cultural, sexa un simple paseo, aló os vemos repartindo sorrisos e saúdos a todo o que se cruza.

Pois esta semana, a familia completa da Asociación ASPADEX celebrou nas súas instalacións de Vilar de Toba a súa Convivencia de familias, usuarios e profesionais, coincidindo coa asemblea xeral de socios que se celebra todos os anos.

A xornada empezou coa asemblea, para dar paso ás dúas da tarde á comida na que participaron un total de 160 persoas entre familias, persoas con discapacidade intelectual e profesionais da entidade.

No menú púidose gozar a empanada especialidade de panadería Pichín e carne de porco celta, cortesía de Carnicería Antelo. Tampouco faltou o café e sobremesas, e algo de música para terminar a xornada.

Esta Convivencia conseguiu o obxectivo de profundar na relación entre os distintos colectivos da entidade e discorreu nun ambiente distendido e festivo, polo que xa se está pensando en repetila o próximo ano.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Aspadex.

comentarios