![]()
”Ao Son da Muiñeira” fanse actos tremendamente potentes. Así o saben
en Cee co seu Día da Muiñeira, e tamén o saben xa por Vimianzo, que veñen de armar un evento completísimo arredor do noso baile máis tradicional.
A vila soneirá convertiuse na capital galega da muiñeira, con 200 bailaríns a escena. Bailarís de 7 asociacións: Asociación Cultural Trubisquiña e o Concello de Vimianzo: A.C. Adro de Baio, A.C. Terra de Sena de Cee, A.R.C.E Pedras Miúdas de Lires, Airiños do Río Grande de Pasarela, Foliada de Salto, a Escola Municipal de baile tradicional do Concello de Vimianzo e A.C. Trubisquiña.
![]()
A cita comezaba este domingo ás 16:30h. Dende o Castelo procedeuse ao desfile ata a praza do Concello, con gaiteiros e bailaríns como grandes protagonistas.
https://www.facebook.com/concellovimianzo/videos/1777048625667616/?t=6
https://www.facebook.com/concellovimianzo/videos/1777108102328335/?t=7
https://quepasanacosta.gal/o-dia-da-muineira-de-cee/