Venres. 26.04.2024
El tiempo

Visitas literarias e políticas aos centros de ensino da comarca

Visitas literarias e políticas aos centros de ensino da comarca

Este xoves foi un día especial para o alumnado de dous centros de ensino da bisbarra. Recibiron esas visitas que cambian a rutina e permiten aprenden de experiencias directas.

Alexandre Nerium en Cee

Alexandre Nerium no CEIP Eugenio Lopez de Cee Alexandre Nerium no CEIP Eugenio Lopez de Cee

A rapazada de 4º, 5º, e 6º do CEIP Eugenio López de Cee, tiveron o pracer de coñecer de primeira man e disfruar das verbas de Alexandre Nerium. O poeta fisterrán, e “amo de chave” co Museo da Pesca do Castelo de San Xurxo faloulles en verso sobre o seu mar, e o alumnado respondeulle cun agasallo: un libro de poemas relacionado co mar, escrito polo alumnado.

Ex Deputados Galegos na Ponte do Porto

ExParlamentarios no iES Ponte do Porto

Que sorte ten a rapazada do IESP Pedra da Aguia da Ponte do Porto, que non para de recibir visitas. Desta volta foron tres ex deputados do Parlamento galego os que se achegaron para explicar o funcionamento do mesmo a alumnos de 3º da ISO. Unha visita enmarcada dentro dun programa do Parlamento galego de achegar a institución aos cidadáns, e á cal o Centro camariñán leva inscrito hai máis de 5 anos.

Suso Veiga do BNG, Marisol Soneira do PSdG e Anxo Mesa do PPdG puxeron en valor o traballo que se desenvolve no Parlamento e o papel que xogan os políticos. Tras explicar a traxectoria do Parlamento desde os seus inicios alá por 1981, explicaron como se traballa e que competencias asume. Neste sentido, destacaron dous temas moi interesantes para a comarca como a pesca e a educación, que deben ser motores para o rexurdir desta zona. Tamén fixeron fincapé na necesidade dos políticos de traballar con honestidade e de usar como armas de debate a concordia e a negociación. Na quenda de preguntas, os estudantes interesáronse por temas da vida local, autonómica, nacional e europea. Non faltaron referencias á inmigración nin aos vaivéns ideóloxicos dalgúns políticos.

Máis viaxes

A seguinte actividade que teñen prevista é a visita dos nosos embaixadores europeos junior a Luxemburgo e Frankfurt, feito que se producirá a segunda semana de febreiro, na cal visitarán O Tribunal de Xustiza Comunitario, o Banco Central Europeo, a cidade de Schengen e unha escola embaixadora de Luxemburgo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-euroembaixadores-da-ponte-masacran-a-preguntas-a-jose-blanco-e-prepara-un-2019-viaxeiro/

Comentarios