Martes. 30.04.2024
El tiempo

O voluntariado de Mar de Fábula deixou máis limpo o areal de Gures

Limpeza da praia de Gures con Mar de Fabula
O voluntariado de Mar de Fábula deixou máis limpo o areal de Gures

Este pasado domingo, 21 persoas (7 delas, nenxs), acodiron á chamada da Asoc. Mar de Fábula para participar na limpeza de plásticos da Praia de Gures. Persoas, familias súper motivada montaron a nobre tarefa de descontaminar un areal tan idílico e desfrutado na época estival. 

"Tras a habitual e falsa sensación de chegar a unha praia limpa, en poucos metros nos demos conta de que estabamos no lugar correcto e baixo a ollada de aprobación dos lexendarios Monte Pindo e Cabo Fisterra, dedicámonos a limpar, limpar, limpar", explica Viginia Barros.

Debido a que o vento podía espallar o lixo que ían apañando, non foi posible realizar a habitual caracterización do mesmo. Así e todo, destacan a presenza de anacos grandes de fibra de vidro, nasas de polbo e un gran aparello de pesca. Multitude de anacos de plásticos duros de todos os tamaños e de envoltorios, bastonciños das orellas, latas e botellas de plástico.

En total foron 5 os sacos de 100 litros os que subiron ao contedor, avisando ao Concello de Cee dos grandes volúmenes recollidos. Outros, foron cara Camelle, e serán reutilizados nos obradoiros artísticos da entidade.

🎯 Queremos salientar a presenza de membros da directiva (presidente e secretario) e de socixs, da Asociación de Profesionáis do Sector Turístico da Costa da Morte Aptcm Costa da Morte . 

✅ O sector turístico e o coidado e custodia da natureza van da man✅

Comentarios