mércores. 30.04.2025
El tiempo

Itzel Walche, a voz da Coral Polifónica Costa da Morte cumple a maioría de idade

Itzel Walche na Coral Polifonica Costa da Morte
Itzel Walche na Coral Polifonica Costa da Morte
Itzel Walche, a voz da Coral Polifónica Costa da Morte cumple a maioría de idade

A voz solista da coral polifónica da Costa da Morte cumpre a súa maioría de idade. Itzel Walche cumplía 18 anos esta semana e dende a súa familia e dende a coral que dirixe Isidro Caamaño queren enviarlle un agarimo.

Natural de Barcelona, Itzel ten raíces cubanas e italianas e chegou a Cee en 2019 por motivos familiares. Chegaba amparada cunha ampla experiencia como cantante coral na súa cidade natal de Barcelona, polo dende a coral costeira acollérona sen dubidalo, cando coñeceu a Isidro mentres cursaba 2º ESO no Colexio Manuela Rial, onde exerce de director do coro infantil.

En pouco tempo pasou do coro infantil á ser invitada xa a incorporarse á Coral Polifónica da Costa da Morte, onde hoxe é a máis nova e séntese querida e apoiada por todo como unha gran familia, mentres remata os seus estudos do Bacharelato Social, coa idea na cabeza de estudar INEF, xa que dende moi pequena se dedicou ao street dance chegando a competir a nivel Nacional.

Itzel Walche co seu grupo de street dance de barcelona
Itzel Walche co seu grupo de street dance de barcelona

Na súa traxectoria como solista, foi a cantante que puxo voz á propiedade da Virxe da Xunqueira o día da súa coroación. Itzel adaptouse á perfección dende o primeiro momento, empregando a lingua galega, sorprendendo a familiares e amigos.

Dende Cee miran con orgullo o seu tesouro, e saben que hai produtores de todo o planeta fixándose na súa calidade artítisca.

Comentarios