Venres. 19.04.2024
El tiempo

X, Os aforzunados e Triunfo, os finalistas das Olimpiadas de sabedoría do IES Fernando Blanco

X, Os aforzunados e Triunfo, os finalistas das Olimpiadas de sabedoría do IES Fernando Blanco
Equipo da Olimpiada O Saber Ten Premio do IES Fernando Blanco Un dos Equipos da Olimpiada O Saber Ten Premio do IES Fernando Blanco buscando información

Segue avanzando a VII Olimpíada Cultural O Saber ten Premio, esa forma de aprender concursando que organiza cada ano o IES Fernando Blanco. Nesta edición están participando 11 equipos formados, cada un deles, por 5 estudantes dos cales 2 están cursando algún Ciclo Formativo, 2 son estudantes de Bacharelato e 1 é un alumno ou alumna da ESO, FP Básica, CUALE ou ESA.

A Olimpíada Cultural celebrase mediante un xogo informático exclusivo do IES Fernando Blanco que vai seleccionando preguntas entre unha base de datos de máis de 900, estas preguntas versan sobre calquera das materias das ensinanzas impartidas no Instituto. Foron propostas por todos os departamentos didácticos.

E a semana xa remataron as semifinais da VII Olimpíada Cultural O Saber Ten Premio. Polo que xa hai os tres equipos clasificados, que participarán na Gran Final, son os seguintes: X, Os aforzunados e Triunfo.

Na Gran Final, os 3 equipos enfrontaranse a un dobre reto, nunha primeira fase terán que responder a 20 preguntas igual que nas eliminatorias e os 2 equipos con maior puntuación pasará a unha segunda fase que consistirá nun debate sobre algún tema proposto por un xurado, quen valorará as súas intervencións baseándose na súa capacidade de argumentación, oratoria, rigor, coherencia no discurso, etc.

Novas relacionadas Fonte

Comentarios