mércores. 30.04.2025
El tiempo

Xa arrincou a Semana Santa máis devota na Costa da Morte

Xa arrincou a Semana Santa máis devota na Costa da Morte
Domingo de Ramos en Pereirina-Foto-Rafa Quintans 2

Xa estamos inmersos na Semana Santa costeira. Os lugares máis devotos xa arrincaron coas súas procesións, como en Fisterra ou Corme. O venres das Dolores daba o pistoletazo de saída e as procesiónas xa tomaron as rúas. E hoxe, Domingo de Ramos, as primeiras estampas cheas de fe.

Temos que comezar por Fisterra, viva dende o século XIV onde ademais o sábado a Xunta de Confrarías realizaba unha Peregrinación ao Santísimo Cristo. Máis de 150 fieis percorreron a peregrinación dende a Igrexa da Virxe da Xunqueira de Cee, pasando por Corcubión, Estorde, Sardiñeiro e rematanado, coa novena, na Igrexa de Santa María das Areas.
Se ben aínda queda moita Semana Santa, hoxe domingo por disfrutar, xa están pensando na peregrinaxe do ano, que se fará ata o Cristo da Barba Dourada. Podes seguir a Semana Santa na bitácora do Nazareno.

Xunta de Confrarias de Semana Santa de Fisterra

Domingo de Ramos na Pereiriña e en Carantoña

Domingo de Ramos en Pereirina-Foto-Rafa Quintans

Imos tamén ata Cee, concretamente ata a parroquia da Pereiriña, onde celebraron un completo domingo de Ramos.

E ata Carantoña, en Vimianzo, onde tamén realizaron unha procesión polo Domingo de Ramos.

Procesion en Carantona-Foto-Roberto Rua

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios