venres. 08.11.2024
El tiempo

XEAL rompe as negociacións e deixa sen convenio colectivo aos seus traballadores

  • A empresa non fará entrega dos lotes de Nadal
Imaxe da concentracion de XEAL da semana pasada
Imaxe da concentracion de XEAL da semana pasada
XEAL rompe as negociacións e deixa sen convenio colectivo aos seus traballadores

Última hora a que se vive nas fábricas de XEAL. Os traballadores convocan varias asembleas para o día de mañá para analizar a nova situación, unha vez que a dirección vén de romper as negociacións “de maneira unilateral” e deixa sen o convenio colectivo propio aos traballadores e traballadoras. Deste xeito, os traballadores terían que volver rexerse polo convenio colectivo do sector, que conta con moitos menos dereitos que os conquistados dentro da empresa ao longo dos anos.

De pouco serviu a mediación da AGA, pois na reunión mantida no Consello Galego de Relacións Laborais este martes, XEAL levantouse da mesa. “A empresa xa anunciou que non recoñece dereitos sociais consolidados no convenio colectivo, como o lote de nadal que se viña entregando dende hai máis de 40 anos, que non recibirán nin os traballadores/as en activo nin o denominado persoal pasivo (colectivo de xubilados/as, viuvez e persoal longa enfermidade), a quen tamén lle está recoñecido este dereito no convenio”, denuncian dende o Comité de Empresa.

Os traballadores consideran un novo paso no “deterioro progresivo que viven as fábricas de Cee e Dumbría dende a chegada hai dous anos do fondo de investimentos TPG-Ithaka”. E enumeran as razóns: rebaixa drástica da produción, recorte de emprego, falta de investimentos nas plantas, redución dos dereitos dos traballadores…

Asembleas e denuncias

Diante disto, o comité ten convocadas asembleas de traballadores e traballadoras para mañá, xoves 16 de decembro, ás 10 horas na fábrica de Brens e ás 12 na de Dumbría. Mentes que pola tarde haberá asemblea co persoal xubilado e pasivo, tamén afectado pola decisión da empresa, ás 18 horas, no salón de actos do Concello de Cee, para entre outras medidas chamar a mobilización.

De igual xeito, o comité xa avanza que levará a cabo todas as accións sindicais e xudiciais que sexan precisas para garantir o mantemento do convenio de empresa e na defensa dos dereitos que tanto lle custou conquistar ao persoal.

Neste senso, o comité tamén demanda da Xunta que “deixe de ser cómplice destes ataques de XEAL, que lle esixa o inmediato cumprimento das cláusulas das concesións (así como a sentenza do TXSG) e que proceda a reversión dos dereitos de explotación das centrais”.



NOVAS RELACIONADAS

Comentarios