Luns. 14.10.2024
El tiempo

Xornada continua nas escolas?

Xornada continua nas escolas?
Imaxe dun centro escolar costeiro - Foto_Rafael Quintáns

É un tema moi interesante este da xornada continua nos centros escolares. A conciliación da vida familiar e profesional é un dos cabalos de batalla nesta sociedade na que os avós fan máis traballo do que deberían. E nalgúns centros, estase a traballar para conseguir a Xornada continua.
Pero non todos os pais e nais están dacordo en que a Xornada Continua é unha boa solución. Por exemplo en Cee, a ANPA Uxío promoviu unha votación e ao final os propios pais e nais escolleron que non querían xornada continua, quedando igual o horario partido.

Por outra banda, outros centros, como o de Ventín (Ames) e Xuño (Porto do Son) xa acadaron estes obxectivos e outros, como o de Ponteceso, Baio tamén o están intentando. Nos ámbitos urbanos ou periurbanos (Carballo, A Coruña) é unha realidade plena mentres no eido rural, unha vez máis, parece que as autoridades son máis reticentes a concedelo.

Hai máis familias convencidas dos beneficios da Xornada Continua nas Escola. De feito, a directiva da ANPA Ventorrillo do CEIP Milladoiro está iniciando o proceso para solicitar a xornada continua neste centro escolar. E o fai co apoio das familias, sabendo os resultados da enquisa realizada no curso anterior, na que un 89% dos pais e nais estaban de acordo con esta opción. De aí que a ANPA teña como obxectivo acadar unha xornada que considera “apropiada para a necesaria conciliación familiar da que tanto se presume”.

Entenden que “a xornada continua e un servizo de comedor axeitado antes das actividades extraescolares para o alumnado é unha necesidade que hoxe en día pode ser unha solución para o desenvolvemento da vida familiar.”

De momento, a ANPA ten solictadas, aínda sen resposta, unha reunión co secretario xeral de recursos educativos, outra co xefe territorial de transporte e outra co alcalde de Malpica, esta xa concertada para o vindeiro mércores 26.

Na vindeira semana realizarase unha nova enquisa, esta vez máis detallada, para coñecer a opinión dos pais e nais sobre algún aspectos concretos deste plan de obxectivos.

Novas relaciondas

Fonte

Comentarios