venres. 24.01.2025
El tiempo

3 costeiros no "reality" Salvaxe da TVG

Anxo Nuria e Marcos no Salvaxe da TVG
3 costeiros no "reality" Salvaxe da TVG

Arrincaba este luns pola noite na TVG un novo programa. Seguindo o formato #superiviventes, a televisión galega lanza o “reality” Salvaxe, no que 18 “salvaxes” galegos pasan unha semana de superación. Entre todos se atopan 3 costeiros:

  • Nuria P. Espasandín (Vimianzo).
  • Marcos Úbeda (Corcubión).
  • Anxo Ares (Santa Comba).
Nuría “Toxío” é divulgadora de viaxes, vegana e profesional da comunicación en OCO e ten levado xa premios polos seus traballos.
Marcos, con apenas 23 anos, é mestre de Primaria e ten experiencia no teatro. E Anxo produce na súa horta da parroquia de Freixeiro.

Os tres pasaron unha semana illados do mundo no campamento situado en narón, na Área Recreativa do Pedroso, as 24 horas durante os 7 días, sen móbiles, sen apenas comida nin comodidades, e vivindo un auténtico Gran Hermando baixo a lupa das cámras, superando ademais esixentes probas físicas e psicolóxicas.

Anxo e Nuria forman parte do equipo “Nécoras” e Marcos é “Raposo”. Iremos vendo quen vai caendo neste programa dirixido pola vilalbesa María Lamea. Polo de pronto, no primeiro programa xa realizaron numerosas actividades na praia da Frouxeira, en Valdoviño, e seguro que vemos máis espazos singulares da zona de Ferrolterra.

Comentarios