![Visita da Deputación a Corcubión]()
Visita da Deputación a Corcubión
Con pouco máis de 100 días no cargo o presidente da Deputación da Coruña,
Valentín González Formoso, decidiu facer onte a súa primeira visita á Costa da Morte na que participou tamén
o deputado provincial José Manuel Pequeño, responsable da área de Vías e Obras do organismo provincial. Concretamente, a comitiva estivo nos concellos de
Corcubión e
Muxía,
O presidente provincial visitou en primeiro lugar o concello de Corcubión, onde foi recibido polo alcalde, Manuel Insua, e por representantes da corporación municipal, cos que mantivo un encontro de traballo no que se plantexaron diversas
posibilidades de colaboración entre ambas institucións, como melloras no saneamento e na cuberta do pavillón municipal da localidade. Manuel Insua agradeceu que o novo presidente da Deputación elixira dous concellos da Costa da Morte como destino da que é unha das súas primeiras visitas oficiais, e considerou o xesto como “un símbolo de compromiso” con esta comarca, que outros presidentes provinciais, como Salvador Fernández Moreda, xa mantiveran no pasado.
![corcubion]()
Pola súa banda, González Formoso afirmou que ambos mandatarios analizaron nesta primeira reunión “cuestións prioritarias do día a día, como a posibilidade de colaborar na mellora de infraestruturas municipais como o pavillón municipal, que require dun arranxo da cuberta” ou accións relacionadas co saneamento, “que levan décadas sen resolver e que é necesario abordar”.
O presidente da Deputación da Coruña comprometeu
o apoio da Deputación para “potenciar económicamente” a Costa da Morte e subliñou que a xeración de oportunidades laborales nas comarcas “para que a xente non teña que irse a traballar á Coruña, a Santiago ou a Ferrol” é “unha prioridade absoluta” para o Goberno que preside, pois “é a única maneira de que non se perda poboación e de que a chave do emprego exista”.
Ruta dos Faros
Sobre a proposta de varios alcaldes de mellorar as rutas que levan aos faros máis emblemáticos da comarca, González Formoso apuntou que é unha cuestión que o deputado José Manuel Pequeño expuxo en varias ocasións e que “estamos analizando polo miúdo porque nos parece moi interesante”. Neste sentido, apuntou que no pleno do vindeiro 8 de outubro aprobaranse cuestións importantes para a zona, como o proxecto de
ampliación e mellora da estrada DP-5201 que vai ao Parador de Muxía, cun investimento previsto de máis de 1 millón de euros, que supoñen “unha aposta pola revitalización da economía de Muxía, que está vendo como por fin o Parador está sendo construido” e que precisa que as administracións “se impliquen no seu futuro”.
No pleno de outubro aprobarase tamén a remodelación e acondicionamento da
travesía de Senande, na DP- 3403, co obxecto de subsanar as deficiencias existentes, mellorar o estado, incrementar a seguridade vial e minimizar as barreiras urbanísticas, que suporá un investimento de 483.680, 38 euros e que podería comezar a executarse a curto prazo.
González Formoso visitou ambas estradas acompañado polo alcalde de localidade, Félix Porto, que destacou o “desbloqueo de dúas obras de importancia vital” para o municipio que sufriron unha “paralización histórica”. “No caso da estrada do Parador dase un primeiro paso moi importante e no caso da mellora da travesía de Senande un impulso claro a unha obra necesaria”, afirmou Porto, que agradeceu o compromiso amosado polo goberno provincial nesta primeira visita.
Volta ciclista
Preguntado sobre a implicación da Deputación na promoción da provincia na vindeira Volta Ciclista a España, González Formoso explicou que tanto él mesmo como o deputado José Manuel Pequeño mantiveron reunións cos máximos responsables da organización deste evento deportivo para intentar que “ademáis do aspecto deportivo que todo o mundo ama e sigue”, e da importancia da Volta como
escaparate dos múltiples atractivos turísticos da provincia, teña ademáis nesta edición unha vertente económica, “de presencia e promoción das empresas e dos productos da Costa da Morte en cada final de etapa, para que sexan coñecidos por toda España”.
Neste sentido, o presidente provincial agradeceu o interese e a “predisposición” dos organizadores da
Vuelta Ciclista a España para levar esta idea á práctica e comprometeu a “implicación” da Deputación na mesma.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Deputación da Coruña