A Anpa Alén pide que non se reagrupe o alumnado no CEIP Praia de Quenxe

Seguen tendo por Carballo serios problemas coa escolarización dunha vintena de rapaces. Pero é que os problemas que están a causar os recortes nos inflúen a todos.

Hoxe toca ir ata Corcubión, onde a Anpa Alén do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión alza a voz. I é que os pais e nais do centro andan preocupados ante a posibilidade de que só se concedan dúas aulas de infantil e polo tanto haxa reagrupamento do alumnado co prexuízo que iso conleva. Por iso, vai presentar un escrito ás autoridades pertinentes instando a uns criterios xustos e equitativos para que non se repitan decisións meramente numéricas e economicistas que non teñen en contan circunstancias socioeconómicas, poboacionais e de igualdade de oportunidades independentemente do territorio non que a un lle tocou vivir.

5 A Anpa Alén do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión non descarta tomar as medidas que considere oportunas

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).