Venres. 26.04.2024
El tiempo

50 nenos quedan sen escolarizar en Carballo por mor dos recortes

50 nenos quedan sen escolarizar en Carballo por mor dos recortes
Pais e nais afectados polo peche dunha aula infantil no CEIP FOgar

Hoxe martes, ás 20:00h, uns 50 pais afectados pola non escolarización dos seus fillos no colexio Fogar e algunha escola unitaria en Carballo, reúnense nos soportais do centro para intentar buscar solucións a un problema enorme.

I é que máis do 30% dos nenos que pediron praza nova este curso non foron admitidos, un asunto do que as administracións deberían saber de antemán, e deberían ter buscado solucións. Pero os recortes en educación seguen traendo consecuencias coma esta.

Segundo os pais afectados, “este problema solucionaríase abrindo 4 aulas no Colexio Fogar en lugar das 2 previstas e admitindo 1 neno máis en Verdillo, 2 na Rega e 3 en Mirón, xa que son os problemas que hai en toda a zona de Carballo.

Uns pais e nais que xa o ano pasado erguéronse esixindo a apertura dunha aula de infantil, e hoxe continúan a loita, e abren un grupo de información a través do whatsapp no 669947751, e invita a participar na reunión desta tarde no centro.

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios