Venres. 29.03.2024
El tiempo

A area volve ameazar o malecón de Corcubión

A area volve ameazar o malecón de Corcubión
Hoxe damos conta das novidades de última hora arredor do proxecto da nova praia de Corcubión. I é que ao parecer, nestes instantes finais da lexislatura, o PSOE pretende recuperar o proxecto da "praia artificial" no malecón de Corcubión, como a denominan dende o Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión.

De feito, o colectivo confésase "perplexo" ante a medida do ex goberno socialista. Para o colectivo, "o proxecto xa parte dunha mentira pois é mal chamado “de rexeneración”, xa que como amosamos en máis dunha ocasión, a actuación non rexenerará un espazo que precisa outro tipo de actuación", explicaron os seus voceiros Fran Hermida e Javier Calaza nunha rolda de prensa celebrada o pasado sábado.

O Colectivo ten informado de "infinidade de motivos para xustificar o NON a esta aberración medioambiental que se pretende facer na nosa vila". Avisan de certos detalles que se dan por suposto arredor do proxecto:

  • "Non hai ningunha relación causa efecto entre a instalación dunha praia artificial e a xeración de postos de traballo".
  • Este Colectivo amosou con argumentos inda non rebatidos que a devandita praia artificial terá unha serie de eivas (calidade da auga, ausencia de horas de sol, a propia textura do caolín…) que impedirá o seu uso coma unha praia natural".
  • "A actividade marisqueira non será desenvolvida nese espazo artificial, como así se demostrou nas xornadas informativas desenvolvidas por este Colectivo".
  • O ano pasado organzaron unhas xornadas informativas sobre este proxecto, actos nos que estiveron convidados os que defenden a praia artificial. "Temos solicitado ao goberno municipal a celebración dun referendo parar calibrar o apoio da poboación a este proxecto. Propuxemos propostas alternativas para mellorar o estado na nosa ría. Todo iso non atopou resposta do goberno municipal. Presentamos 700 sinaturas e hai un pronunciamento do pleno de Corcubión en contra deste atentado ecolóxico".

Que pensa o PP

O pasado 2009, o colectivo expresoulle o seu sentir aos representantes do PP, e confían en que utilicen as súas dúas maiorías absolutas para trocar as intencións do goberno en funcións socialista, como prometeron daquela. "Queremos quetransformen en feitos o que expresaron con palabras dende que empezou o proceso: a súa oposición a que se leve a cabo unha actuación deste calibre", afirman.

E van máis alá o membros do Colectivo, que non queren perder o investivemento na zona. "Ao novo goberno solicitámoslle que a cantidade orzamentaria destinada para a praia artificial fose destinada a outros fins da propia ría de Corcubión. Por exemplo á finalización do paseo marítimo ou prioritariamente ao saneamento dunha ría que a día de hoxe padece contaminación por bacterias fecais".

Claridade

O Colectivo pídelle ao PSOE "claridade e responsabilidade. Claridade para abandoar o obscurantismo que preside as súas actuacións neste tema". E continúan: "O período de exposición pública deste proxecto pódese calificar coma “clandestino”. Só a actuación deste Colectivo permitiu que os veciños puidesen coñecer unha aberrante actuación que se pretendía perpetrar da vila. "Nos últimos tempos, o alcalde tiña manifestado que a tramitación do proxecto estaba parada, o cal era mentira, á vista do BOE do pasado día 3 onde o goberno en funcións pretende sacar o proxecto adiante contra vento e marea".

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

  • Nota de prensa do Colectivo en Defensa da Ría de Corcubión.

Comentarios