Martes. 30.11.2021
El tiempo

A Costa da Morte boicotea Israel

A Costa da Morte boicotea Israel

Interesante charla a que acollía onte o Bar La Terraza do Hotel El Hórreo. Cita que serviu para presentar á sociedade da Costa da Morte a Plataforma BDS-Galiza, un colectivo que traballa no boicote a Israel. A presentación chegou, como non, a través do comité COSAL Costa da Morte, e foi Elvira Souto a encargada de contar as experiencias vividas dende a súa creación.

Ao carón estivo o implicado directamente Mohamed Safa. Este palestino aficando en Corcubión rematou a sesión cunha interveción sobre a situación de revolución no mundo árabe. "O século XXI é o século da revolución árabe, ou máis ben, do cidadá árabe", sentenciou.

Creada a partir das desgracias

O bombardeo de Gaza e a historia do Mavi Mármara foron os verdadeiros impulsos da entidade. Estes feitos, xa declarados crimes de guerra pola ONU, dispararon a opinión pública, que é xusto onde quere incidir BDS. A partir deles, diferentes grupos foron adheríndose á idea de crear un boicot. Sindicatos, entidades medioambientais, asociacións... continúan traballando para que toda a poboación recoñeza o apartheid israelita para co pobo palestino, como ocorreu na suráfrica dos 90.

Liñas de traballo

Son varias as liñas que segue a entidade de boicote, sendo chegar a opinión pública a razon principal da campaña. I é que esta é unha das batallas perdidas por Israel, como apuntou Safa, xunto coa batalla dos dereitos humanos, e xa, a batalla xudicial.

As liñas de boicot son:

  • Boicot polo desinvestimento.
  • Boicot cultural e turístico.
  • Boicot académico.
  • Boicot ao consumo de produtos israelitas.

Foi precisamente este punto o que máis atención centrou dos asistentes. Que se os produtos que comezan co 729 no código de barras, cosméticos de Sephora, certos produtos de Sanex e ata aguacates do Carrefour, son importados de Israel, ás veces camuflados entre outros países.

A pé de rúa

A día de hoxe, e máis a nivel local, a entidade traballa en dúas liñas concretas: anular o convenio entre a USC e unha universidade israelita; así como impedir que a fábrica de armas da Coruña siga enviando material de guerra á cupula militar de ese país.

A entidade xa está volcada na campaña Rumbo a Gaza, que este ano levará 13 barcos de 24 estados participantes con axuda humanitaria para a franxa de Gaza.

"Pasiño a pasiño imos conseguindo algo", apuntaba Chicha, a presidenta do COSAL. "E se esta campaña crece, seguro que facemos dano económico", apoiaba Elvira.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios