Xoves. 28.03.2024
El tiempo

COSAL e Buserana achegan o conflito de Gaza á Costa da Morte

COSAL e Buserana achegan o conflito de Gaza á Costa da Morte
De bravas só podemos calificar as mulleres das entidades COSAL Costa da Morte e Buserana. As activistas continúan coa campaña de achegamento á realidade do pobo palestino Rumbo a Gaza. Se o pasado venres 21 realizaron a presentación oficial no concello de Cee, ao longo deste xoves 27 de xaneiro, as entidades loitaron contra o frío e colocaron unha mesa na Praza 8 de marzo de Cee para ofrecer información á veciñanza. A mesa, na que tiveron a venda os Bonos de construción (5 € para cemento) e as camisetas para financiar a campaña, estivo acompañada da exposición-explicación da campaña e da situación de Gaza e Palestina. Estas sesións volverán encanto chegue máis material para financiar a campaña. I é que a campaña, que nace dende diferentes ONGs do país, trata de levar ata Gaza unha fragata con 200 voluntarios e 2.000 toneladas de axuda humanitaria. E dende a fin do mundo tamén queremos botar o noso gran de area.

Unha ollada a situación da Franxa de Gaza

Esta imaxe reflicte moi ben o devir histórico do pobo Palestino. Pero é que ademais da "ocupación" (propio Mohamed Safa define así o conflito), Gaza sofre un brutal bloqueo por parte de Israel, e a súa poboación vive unha situación insostible. Se todo o pobo palestino leva máis de 60 anos sufrindo as consecuencias da creación, primeiro, e da acción até hoxe do estado de Israel, a poboación de Gaza está hoxendía no seu límite. Máis dun millón e medio de persoas, nun territorio de 360 Km2 viven rodeados de muros militarizados. Pero son moitas as organizacións de todo o mundo que traballan na solidariedade co pobo palestino. E unha das accións máis chamativas foi a coñecida como "Frota da Liberdade", que en maio do 2010 tratou de romper o bloqueo e levar axuda humanitaria a Gaza. Israel asaltou o Mavi Marmara en augas internacionais, co resultado de nove cooperantes asasinados. E para rematar, aquí traeos precisamente a proxección da documental "Frota da Liberdade, un ataque á solidariedade". Con el vos deixamos: Flotilla de la Libertad. Un ataque a la solidaridad from Rumbo a Gaza on Vimeo.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios