![Traballadores de Porteccion Civil de Muxia]()
Traballadores de Porteccion Civil de Muxia
Novas axudas da Deputación da Coruña para as agrupacións de Protección Civil dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. Axudas que chegan co obxectivo “fomentar a importante labor diaria e o gran servizo público que prestan, especialmente no ámbito rural os voluntarios destes servizos”.
Concretamente valen para a adquisición de equipamentos, equipos e ferramentas necesarios para para os rescates e intervencións, elementos de transporte, materiais de comunicacións ou equipamento informático e aplicacións móbiles.
Doutra banda, a Deputación xa concedeu o pasado mes de agosto outra liña de axudas por importe de 29.039,80 euros da que se benefician cinco agrupacións da provincia, ás que se apoia para financiar os gastos de realización das actividades, coma pólizas de seguros, compra de uniformes, salarios do persoal administrativo ou cursos e actividades de formación.
SUBVENCIÓNS PARA INVESTIMENTOS
Entidades |
Importe subvención |
Beneficiario: AGRUPACION DE VOLUNTARIOS PROTECCION CIVIL DE MAZARICOS.
Obxecto: Compra de ferramentas, equipos de comunicacións e EPIs. (Equipos de protección individual) para o desempeño das funcións en materia de Protección Civil. |
11.472,00 € |
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL DE VIMIANZO
Obxecto: Compra de equipos e ferramentas destinados ao incremento e mellora dos servizos, mobiliario e equipos para o proceso de información. |
3.750,00 € |
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-CORCUBION
Obxecto: EPIs, material sanitario e de proceso da información |
5.614,96 € |
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL- MUXIA
Obxecto: Material de emerxencias, 2º Fase. |
11.466,00 € |
SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES
Entidades |
Importe subvención |
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL- ZAS
Obxecto: Adquisición vestiario e pago pólizas seguros. |
4.800,00 € |
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-LAXE
Obxecto: Diversas actividades no ano 2018 |
4.101,60 € |
Beneficiario: AGRUPACION VOLUNTARIOS P.CIVIL-MUROS
Obxecto: Adquisición de roupa e calzado para intervencións da AVPC de Muros. |
4.000,00 € |
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/proteccion-civil-de-muxia-denuncia-o-roubo-dun-remolque/
https://quepasanacosta.gal/os-heroes-de-muxia/
https://quepasanacosta.gal/catro-agrupacions-de-proteccion-civil-da-zona-formanse-en-muxia/
https://quepasanacosta.gal/as-agrupacions-de-proteccion-civil-de-varios-concellos-costeiros-tenen-novos-desfibriladores/