A Emprecor premia a fidelidade dos clientes coa campaña Merca en Corcubión

A Asociación Empresarial de Corcubión arrinca este Nadal 2013 de novo coa súa campaña "Merca en Corcubión". A proposta é a de premiar a fidelidade dos clientes que escollen os pequenos comercios e establecimentos da vila de San Marcos, e fan as súas compras nas empresas socio-colaboradoras coa entidade.

Así, haberá un sorteo, a través das rifas que poderás conseguir mercando en Corcubión ao longo do mes de decembro, cos seguintes premios, que serán entregados en vales canxeables por compra nos establecementos asociados:

  • 1º premio : 200 euros.
  • 2º premio: 100 euros.
  • 3º premio :100 euros.
  • 4º premio :100 euros.
  • 5º premio :50 euros.
  • 6º premio: 50 euros.

Na Campaña están implicadas máis entidades, e ademais da Deputación, tamén colabora o Concello de Corcubión, así como a Universidade Popular de Corcubión, co seu grupo de pandereteiras “Millo Verde” e o grupo de baile “Xaldón”.

O sorteo destes premios celebraráse na Casa da Cultura de Corcubión ó dia 4 de xaneiro do 2013, a partires das 17:00h. Como remate de este sorteo, haberá chocolate para todos os asistentes coa actuación das pandereiteiras e do grupo de baile.

Pero hai máis cousas

Cuncurso de Figuras de Xeo

O luns dia 23 de Decembro, a partires das cinco da tarde, na praza de Castelao de Corcubión, se porá en marcha un concurso para nenos/as de figuras de xeo. Divididos en dúas categorías: a primeira de ata seis anos, e, a segunda de seis anos en adiante. Con premios os tres primeiros finalistas de cada categoría.

Visita de Papá Noel

Ademais, estará Papá Noél para o que queira poida sacar unha foto, e se a colga no Facebook da "Emprecor - Asociación Empresarial de Corcubión" poderá ser gañador dun premio que se entregará o día 4 de xaneiro, no sorteo de “Merca en Corcubión”.
O Casino de Corcubión colabora nesta actividade.

Entrega de bolsas de papel

Ademais, a asociación fai entregega de bolsas de papel a os asociados, co emblema de cada empresa, co nome da páxina web da asociación; Axudados pola Deputación, e fomentando a reciclaxe.

Novas relacionadas

Outros programas de Nadal

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).