Luns. 06.05.2024
El tiempo

A mocidade de Corcubión ten listas as Festas do Carme

A mocidade de Corcubión ten listas as Festas do Carme

Tremenda a labor, como a de todas as Comisións de festas, da Comisión de Festas do Carme de Corcubión. Dende que o ano pasado a mocidade cromática tomará o relevo para salvar a festa, son os mozos de 20 anos os que se ocupan de facela unha realidade. Chegados dende as súas universidades, levan xa unhas semanas porta a porta.

E o programa é completo, e comeza o xoves 14 de xullo co concerto de Héctor Lera e Dous Calquera, que non son outros que os corcubioneses Drok e Elías Outes. Esto será ás 22:00h.

O venres 15 abre coa a sesión vermú xa comezará coa orquestra Metrópoli, e pola tarde haberá xogos na praia. Pola noite a Nova Palma repetirá na casa, pero desta volta, non como no San Pedro, no centro da vila.

Para o sábado haberá de todo, pasarrúas cos Peta Forte. Misa e procesión por terra e por mar, unha das citas máis singulares deste Carme. Sesión vermú con Amíbar.
Pola tarde aactividade trasladarase ao Campo do Rollo, onde haberá inchables e onde haberá actuacións do Baile Nerio e das Pandereteiras Millo Verde.
Xa pola noite, verbena coas Almíbar e La Noche, e gran fin de festa cos Fisterras House Mafia.

Máis información festeira

Novas relacionadas

Comentarios