A oposición corcubionesa pregunta polo peche do CAISS e polo panel de promoción

Doble nota nos chega esta semana dende os grupos da oposición de Corcubión. Por diversas, tan diversas causas, como o peche do CAISS ou panel publicitario de promoción económica.
O BNG leva a perda do CAISS ao Parlamento

A continua perda de servizos (recordan dende o BNG a marcha do Banco Pastor, o servizo para renovar o DNI, a ameaza da desaparición da Guardia Civil ou do Partido Xudicial…) agora parece que tamén o Centro de Atención e Información da Seguridade Social de Corcubión e a oficina da Tesourería da Seguridade Social poden marchar da vila corcubionesa. Así o denuncia o grupo local, que a través da deputada nacionalista Rosana Pérez preguntará no Congreso dos Deputados pola previsión de peche do CAISS de Corcubión prevista en principio para esta primavera, polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Sinalan que “os primeiros pasos para o peche dos CAISS xa están sendo dados, xa que se están a amortizar praas da xente que se xubila, e se está facilitando traslados a funcionarios que así o desexen. A previsión do Ministerio é pechar 12 das oficinas en Galicia, entre elas a de Corcubión”. Todo, diante da “pasividade do grupo de goberno”, segundo denuncia o BNG local.
O devandito panel de promoción
Pola súa banda, o PP critica “os criterios do Concello para a elaboración do panel publicitario de promoción económica”. A portavoz popular Gema Freire non entende por que no cartel non aparecen todos os negocios do municipio, ou por que si se fai mención a outros que están pechados, como é o caso do Hotel O Hórreo. ”Non entendemos moi ben como se fixo o cartel ou cales son os motivos polos que no panel de alimentación só aparece unha carnicería cando en Corcubión temos dúas”, comentou Freire.
A portavoz dos populares tamén criticou que o cartel non recolla a existencia doutros establecementos que están abertos en Corcubión como as floristerías, as mercerías, as farmacias, as carpinterías, as imprentas, as inmobiliarias ou as xestorías.
Novas relacionadas
- Gobernos e oposicións de Corcubión e Carballo érguense polos Partidos Xudiciais.
- 1000 firmas por un servizo de pediatría decente para Cee e Corcubión.
- Piden de novo a unión dos paseos de Cee e Corcubión.
Fonte
- Notas do PP e do BNG de Corcubión.