Venres. 26.04.2024
El tiempo

A UCV abre en Corcubión os Encontros na Diáspora

A UCV abre en Corcubión os Encontros na Diáspora
Os venres deste mes de novembro van convertir de novo a Corcubión no epicentro da reflexión na Costa da Morte. Da man dos activos mozos da asociación corcubionesa Universidade Cormática das Virtudes desta volta a reflexión vai en clave de diáspora, xa que xentes do país con ampla experiencia no voluntariado nos países de América Latina participarán en sendas charlas. A primeira sesión destes Encontros na diáspora será este venres 5 de novembro, ás 20:00h. A antropóloga viguesa Águeda Gómez será a poñente e falará de Etnicidade e sistemas de xénero. O vindeiro venres 12 Corcubión trasládase a Colombia, onde o antropólogo e economista Marcos Lorenzo achegaranos ao Outro lado do espello. A sesión do venres 19 será con Agustina Iglesias, da Universidade Invisibel, que nos fará chegar a Bolivia para coñecer as transformaciones en Bolivia: El suma qamaña o el gobierno del vivir bien. E para pechar este ciclo de conferencias, o venres 26 será Eleder Piñeiro quen nos traia as Formas de cidadanía na Arxentina do bicentenario: os mbya-guaraní de Misiones.

Sesións "privadas"

De paso repasamos algunha das actividades que realizan este estudiantes por detrás. I é que a formación da que falamos dá conta de por que esta asociación sitúa Corcubión no centro das miradas de todo o panorama cultural galego. Cada sábado, os membros da entidade celebran as súas "Hordas Fílicas da Lectura" que, como sabedes, trátase dun seminario ou grupo de lectura permanente que veñen de instaurar fai non moito tempo na UCV como unha das actividades de Inverno. Deron comezo a ditas "Hordas" coa lectura de "Bartleby el escribiente", de Herman Melville. E continúan uníndose a través das lecturas.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios