Lola Rontano trasladou a loita social contra a mina de Corcoesto a Corcubión
Este pasado 23 de abril, coincidindo co Día do Libro, o Concello de Corcubión, no marco do programa do Día do Libro e das presentacións mensuais da Concellería de Cultura, organizou a visita de Lola Rontano. A nosa columnista (as historias de Lady Chorima xa son lenda na comarca presentou a súa nova novela “Esperta do teu sono”.
Abriú a presentación para pór o marco a propia Concelleira de Cultura, Benestar, Igualdade e Muller, María Bella, lembrando a intención do programa mensual de citas co libro co que se intenta coidar e visibilizar o espazo da Biblioteca Municipal de Corcubión e unha serie de liñas de traballo do goberno. “”Esperta do teu sono" é un documento necesario que asegura que as loitas desde os movementos cidadás en favor do territorio, da nosa identidade e da natureza non van quedar atrapadas no olvido”, sinalou Bella sobre a novela.
Continou a presenta Alex López, membro da Asociación Boca de Sapo, e participante activo naquela batalla social contra a instalación dunha mina de ouro na parroquia cabanesa, marco no que acontece o libro. López fixo memoria dunha vitoria contra un Goliat de Canadá para celebrar, a un tempo, o día dos libros e do activismo en Galicia.
A entrada e saída da presentación de Lola Rontano foi un chamamento de conciencia cara a toma de posicionamento e acción ante os roubos que se fan nunha contorna natural especialmente protexida como é Costa da Morte. Un libro de realidade feita ficción en novela negra escrito durante a pandemia, tempada na que ademais se puso punto final a calqueira posibilidade de continuidade dese proxecto mineiro en Corcoesto cando a ONU desestimaba definitivamente no 2020 as pretensións da compañía Edgewater.
Falouse de loitas polo común, de conciencia colectiva e de transferencias de aprendizaxes ante un público que acudiú desde distintas partes de Costa da Morte. Así a xornada literario/activista mantivo tamén ollos postos en Palas de Rei e a mobilización pola macrocelulosa que ameaza a fermosa comarca da Ulloa e augas abaixo, a ría de Noia, e nos conflitos ambientais pasados e presentes na Costa da Morte (As Encrobas, Penedos de Traba, Baldaio, ameaza de celulosa en Ponteceso en 1976, macro eucaliptais, macro granxas, o Prestige, o vertido de granulado ou o vendaval eólico).
Máis info
ARTIGOS DE LOLA RONTANO EN QPC
- A Providencia é unha ludópata (Conservas de verán 3)
- Un abrigo infinito (Conservas de verán 2)
- Conversas de Verán (I).
- Consuelo e Antoine de Saint-Exupéry.
- As terrazas de Camariñas.
- As tetas e o paraíso (donas lliures)
- Bolivarianos en Gotemburgo.
- 'Mediterrantes' en Suecia.
- Sen preguntas nin respostas.
- As libeliñas de Debod
- Un western marítimo
- O mundo dos vagalumes.
- Meter un cerebro de muller na cabeza dun home (e outras cuestións palpitantes)
- A estación escura.
- Velaquí Outono (Claustrofobia, Alcohol e Alta Tensión)
- De soños, cans e naufraxios.
- Romanza da A6. Páxinas da España baleirada.
- A hora en punto das baleas.
- Unha vocación (re-co-)lectora. Carta aberta de Lady Chorima co gallo do día das árbores e dos libros.
- Transhumanismo sen lei.
- Algunhas posverdades.
- Vacina Bakunin.
- Baixo Miño Suite.
- 11.000 novos cretinos
- En modo “natureza”: Carta aberta á veciñanza da Costa
- O futuro na liña vermella. De ratos e de humanos.
- Aburiño, Arxentina. Sobre as cores de identidade.
- Baixo a praia están os lastros (Novas austroatlánticas)
- Vindicación da Ponte entre Arxentina e Galicia: Ser muller, hipoacúsica e inmigrante.
- A nosa cinza.
- 50 anos de Stonewall: 28 de xuño, día do orgullo a toda costa.
- Disforia post-electoral.
- Bixby en Viena con Ultravox e as últimas eleccións.