Xoves. 30.05.2024
El tiempo

Lola Rontano leva a súa nova novela a Corcubión

Libro Lola Rontano-Esperta do teu sono
Lola Rontano leva a súa nova novela a Corcubión

A mestra murciana afincada na Costa da Morte, Lola Rontano, segue coa súa xira de presentacións da súa nova novela “Esperta do teu sono”.

A seguinte parada da nosa columnista (as historias de Lady Chorima xa son lenda na comarca), será en Corcubión, no marco do programa do Día do Libro e das presentacións mensuais da Concellería de Cultura, este martes 23 de abril, ás 19:00h na Biblioteca Municipal.

A presentación estará introducida por Alex López, presidente da Asociación Boca de Sapo quen viviú en primeira perasoa e moi de cerca as mobilizacións en contra do proxecto mineiro que é escenario central do libro.

"Esperta do teu sono" toma como motivo central o futuro da ecoloxía e o conflito da mina de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños. Desde un cruce de xéneros, novela negra, novela histórica, calendario, almanaque, tratado de activismo, documento social, etc. o escenario central da mina vai introducindo un mosaico de tématicas asociadas como o “propio espazo natural onde se desenvolve, a nosa soidade e illamento fronte ao mundo natural do que cada vez estamos máis distanciados, a experiencia da morte e da orfandade, a irrupción das redes sociais nas nosas vidas, a busca dun lugar no mundo, a persecución do activismo medioambiental fronte á pasividade e inacción de boa parte da sociedade, a importancia das comunidades humanas; a liberdade, o amor e a homofobia tamén están presentes”.

Lola Rontano é docente, viaxeira, escritora e activista. Chegou ata Costa da Morte en 2002 como voluntaria nas limpezas da catástrofe do Prestige evento vital que mudou o seu camiño vital. Implicouse estreitamente como parte da plataforma Contramínate na loita contra a mina de Corcoesto. Esperta do teu sono é a súa segunda novela que ven despois de Austroatlántica, la Argentina que Dios quiere (2019) coa que foi gañadora do XXX premio Torrente Ballester en castelan.

Máis novas

Artigos de Lola Rontano en QPC

Comentarios