A Universidade Popular segue recuperando o saber tradicional a base de cursos

08:17 10/10/16

Aínda saboreando a visita regueifeira que lle fixeron ao Fasido do Ribeiro, os membros da Universidade Popular de Corcubión xa pensan na nova temporada. Así, poñen en marcha o curso de Baile, Canto e Música Tradicional e abren o prazo de inscrición para todas aquelas persoas interesadas nas seguintes modalidades:
- Percusión tradicional: tamboril e bombo, tanto en iniciación como perfeccionamento.
- Gaita: iniciación e perfeccionamento.
- Pandeireta e canto tradicional: iniciación infantil e adult@s.
- Baile tradicional: infantil e adult@s.
Para máis información contactar coa Asociación a través do correo eléctrónico universidadecorcubion@gmail.com , a través da páxina de facebook ou nos teléfonos 672017749 / 652628538.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Universidade Popular Corcubión