venres. 15.11.2024
El tiempo

A constelación de Frank Buschamm enche de artesanía a Fundación Rac

Frank Buschmann ebanista de Corcubion copia
Frank Buschmann
A constelación de Frank Buschamm enche de artesanía a Fundación Rac

Este luns, a Fundación Rac de Pontevedra abre a mostra de Frank Buschmann. O ebanista alemán afincado en Corcubión, despois de facerse co premio Antonio Fraguas da Deputación da Coruña, segue de noraboa, con esta exposición na que tamén colabora a Fundación Pública Artesanía de Galicia, que xa o recoñecía cun galardón o pasado ano.

Frank Buschmann na Fundacion RAC de Pontevedra 1

A mostra “Feito de estrelas”, ofrece algúns dos deseños máis icónicos de Frank Buschmann, contando cunha peza inédita creada específicamente para a ocasión. A mostra compón “unha constelación de recursos, referencias e analogías que permiten comprender o conxunto xeral do seu traballo, definido polos principios de sostenibilidade desde o propio proceso de produción ata o obxecto final”, explica a comisaria Sara Donoso.

A exposición quere facer o percorrido que intenta facer Frank, a través da marca Woodworks Buschmann Bella, de “manter vivo o carácter da materia prima abríndose á composición formal desde un poderoso sentido do equilibrio”. Así usa nogueira, castiñeiro, cerdeira, carballo e piñeiro de oregón, para darlle a súa interpretación, rematando en “deseños mínimos e austeros pero tamén rotundos, onde o material revela a súa identidade compondo un carácter armónico en liña co estilo shaker”.

O seu traballo artesán segue a convertirse un cruzamento entre a “manufactura, a historia e os modos de facer tradicionais cunha potente atracción pola natureza e a necesidade de defender os valores de economía sustentable e respectuosa co medio ambiente”.

Novas relacionadas

Comentarios