Abraham Pérez chama á mocidade de Corcubión co seu libro
Este venres 13 ás 19.30 horas a Biblioteca Pública de Corcubión, no marco do seu programa de presentacións mensuais, contarará coa presencia de Abraham Pérez, autor de O paso en Falso.
Este libro, polo seu contido e experiencia, convoca especialmente á mocidade que está a punto de dar os primeiros pasos de independencia e vida fóra da estrutura familiar.
Abraham, filosofo e profesor no instituto de Becerreá viaxará dende Lugo para presentar un dos seus últimos libros que ten como atractivo os seus personaxes como protagonistas describindo con finura e poesía a vivencia de marchar a estudar, como pasa o tempo cando eres independente por primeira vez lonxe da familia. Ademais remarcamos a importancia de avivar a lectura nomeando na súa narrativa a diferentes escritoras e escritores.
Ademais, esta presentación quere facer referencia á función clave que teñen os espazos de residencias artísticas como apoio á creación e produción. Este libro artellouse grazas ás Residencias Artísticas Mariñán que convoca anualmente a Deputación da Coruña.
As persoas que acudan á presentación poderán pasear pola mostra “O ghaiteiro petroleiro” xurdida como acompañamento á presentación do xogo de cartas editado pola asociación UGBN que foi inaugurada o mes pasado e que permanecerá na Casa da Cultura ata o 17 de xaneiro.