Venres. 26.04.2024
El tiempo

ADEGA outorga o Premio Osíxeno 2014 ao presidente da Asoar-Armega

ADEGA outorga o Premio Osíxeno 2014 ao presidente da Asoar-Armega
Jose Luis Rodriguez da Asoar co Premio Osixeno de Adega 2014

Case se nos escapa, pero non podíamos deixar de informar sobre este galardón. I é que o traballo que leva facendo José Luís Rodríguez dende a presidencia da Asoar en prol da pesca artesanal, non cabe nun libro. Leva anos sendo a voz dos mariñeiros ao mesmo Parlamento Europeo, participando en iniciativas medioambientais, man a man con Greenpeace, pelexando contra as gaiolas de salmón de Muros, participando en limpezas de praias e promocionando limpeza de rías, e denunciando as inxustizas das políticas estatais e europeas en materia de pesca.

O traballo da Asoar-Armega válelle o Premio Osíxeno en categoría individual, entregado pola Asociación Ecoloxista Adega„ a José Luís Rodríguez Domínguez, corcubionés presidente da (Asociación de armadores de artes menores de Galicia) “polo seu incansábel traballo en defensa das nosas costas e da pesca sustentable”.

Recibiu unha escultura do oleiro carnotán Nacho Porto. Ao igual que a Plataforma Sarriana polo Río (Sarria), e Xosé Manuel Penas Patiño, membro histórico da SGHN e fundador da SGO.

Premio Osixeno 2014 de ADEGA para Jose Luis Rodriguez da Asoar

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios