Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Alan Lomax cólase no Maio das Letras da Universidade Popular de Corcubión

Alan Lomax cólase no Maio das Letras da Universidade Popular de Corcubión
Maio das Letras da Universidade Popular de Corcubion A Universidade Popular de Corcubión está a celebrar o seu 35 aniversario por todo o alto. E ademais das numerosas actividades que realizar en materia de baile tradicional, abre tamén o completo ciclo "Maio das Letras" con motivo da celebración do 17 de maio "Dia das Letras Galegas". Neste maio das letras realizaranse 4 actividades, algunha delas no recentemente estreado local da asociación na Avda da Viña, 10 en Corcubión: - Charla sobre o presente e futuro do galego, impartida polo Pte. da Mesa pola normalización linguistica (Marcos Maceiras). - A presentación do libro do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato relacionado tamén coa nosa lingua. - Unha actividade infantil, en colaboración coa Mesa, que se celebrará no Parque infantil de Corcubión "Campo do Rollo" no que as nenas e nenos através da pintura darase a coñecer os escritores e escritoras do noso pais en distintos murais. - A actuación do grupo da Universidade Popular de Corcubión "As Rinchonas" que actuará no especial de Luar das Letras. Actuación que evidentemente se poderá seguir en directo atraves da TVG no programa Luar o venres 18, que forma parte dun traballo de recopilación de datos que o musicólogo américano Alan Lomax grabara no ano 1952 en Corcubión ás nosas veciñas (Lela, Maruja e Juana Lema) coñecidas como "As Xaviñanas" nome que leva hoxe o grupo xuvenil da U.P.C. e o coñecido "berro" que facían cando se xuntaban para cantar e tocar a pandeireta é o quedá nome o grupo "Rinchonas". O tema que se estrenará no Luar será a "Jota de Corcubión" facendo unha recreación do día que Lomax grabou no noso pobo as xaviñanas, pretendendo ademais que sexa unha homenaxe a elas e a sua familia.

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios