Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Antía Veres recibíu o XVIII Premio Plácido Castro de Tradución en Corcubión

Antia Veres en Corcubion
Antia Veres en Corcubion
Antía Veres recibíu o XVIII Premio Plácido Castro de Tradución en Corcubión

O pasado venres tivo lugar na Capela do Pilar de Corcubión o acto de entrega do XVIII Premio Plácido Castro de Tradución. A vila natal do ilustre escritor, xornalista, tradutor e político, acollía o acto para premiar o traballo da tradutora guitiricense Antía Veres Gesto, por “Unha muller perdida”, tradución ao galego da orixinal “A Lost Lady” de Willa Cather que, en palabras do xurado amosa “un galego extremadamente natural e próximo, empregando unha fraseoloxía propia sen alterar a atmosfera natural da novela”.

A obra é a primeira tradución da escritora neoiroquina na nosa lingua.

No acto, ademais do Secretario Xeral de Política Lingüística Valentín García, participaron tamén Xulio Ríos e Susi Castro, en representación da Fundación Plácido Castro; o alcalde, Manuel Ínsua; e a galardoada, Antía Veres.

Antia Veres recolleu o premio en Corcubion

Novas relacionadas

Comentarios