Doble cita das Andainas Costa da Morte en Corcubión e Dumbría

08:07 11/05/16

Por Corcubión

Por Dumbría
A saída será ás 10:00h do Conco. A primeira parada desta andaina será o Petroglifo de Pedra Ancha. Neste xacemento da Idade de Bronce obsérvanse, entre outros, representacións de armas (2 puñais ou espadas curtas, 3 alabardas e 3 escutiformes e varias cruces de épocas posteriores). Continuando o roteiro atopámonos co cruceiro do Marco do Couto, situado no Camiño de Santiago a Fisterra. Servía como separación dos territorios de Dumbría (dos Condes de Altamira) e Buxantes (dos frailes de Moraime). Ten plataforma cuadrangular, pedestal rematado en chafráns, varal circular e capitel xónico. Na cruz represéntase a Cristo crucificado e a imaxe da Piedade. En fronte hai unha pedra coa inscrición "CR" (Camiño Real de Santiago a Fisterra). É lugar de visita obrigada tamén a Ermida das Neves (Buxantes), datada no século XV. Nela chama a atención o rosetón situado sobre a porta princiapal de entrada, que tiña como función iluminar o templo, e polo que no solsticio de verán entran os últimos raios do sol para iluminar o altar. O Retablo que existía inicialmente na capela foi queimado polas tropas napoleónicas no seu avance cara a costa. No escalón central do altar hai un gravado da pegada dunha sandalia orientada cara Fisterra. Nesta paraxe da Fonte Santa hai unha fonte cuxas augas eran recollidas polos veciños, deixando unha esmola, atribuíndolles o poder de aumentar a cantidade de leite producida polo gando para amamantar as crías. Era tamén empregada polas mulleres. Como curiosidade, as augas só serían efectivas se non te cruzases nin falases con ninguén polo camiño.Novas relacionadas
- En marcha a 4ª Edición do programa de Andainas Coñece a Costa da Morte
- Os trasn@s preparan a segunda etapa do Camiño dos Faros cun límite de 500 participantes.
- 2015: Máis de 250 persoas estrean as Andainas Coñece a Costa da Morte por Cee.
- 2014: Corcubión mantén o ritmo de interese con 200 camiñantes nas Andainas Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Corcubión.