As iniciativas costeiras que recuperan a memoria social a través de Phottic
06:48 04/03/17
Imaxes dos albumes de Phottic de Aspaber, Mar de Invernia, RCDeportivo e Mar de Paixón
Segue medrando esta plataforma creada na Costa da Morte de uso gratuíto, que supera xa os 50.000 seguidores, e que permite clasificar, ordenar, datar, xeolocalizar e documentar imaxes e compartir ese coñecemento co resto do mundo, evitando que se perda a nosa memoria social.
A startup Phottic alberga xa un importante número coleccións fotográficas promovidas por diversos concellos do noso país ou nacidas do traballo de recompilación de asociacións ou particulares. Na Costa da Morte son as entidades sociais as que están volcándose na rede, sendo Carballo é o único municipio qu está traballando para recuperar o seu patrimonio inmaterial.
Xa ha máis de 15.000 fotografías antigas de toda Galicia. Na bisbarra hai que destacar coleccións particulares como a da Asociación de Padres de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber), a de Mar de Paixón: Fútbol na Costa da Morte, ou a de Mar de Invernía, onde Héctor Pose nos leva de viaxe pola Malpica antiga.
Hai outras iniciativas que nos atinxen como ese arquivo de Bieito Romero tan vencellado á nosa comarca, ou o do Deportivo da Coruña, que contan cun gran número de seguidores e que comparten un importante arquivo gráfico.
Phottic, made in Costa da Morte
Este proxecto de recuperación da memoria fotográfica, nace de tres empresarios costeiros: o corcubionés Jan Lamas, o carballés Manuel Pan, e o herculino-corcubionés Daniel Cerqueiro.Novas relacionadas
- O Dépor recupera os seus recordos en Phottic, unha ferramenta costeira.
- Phottic recupera a historia do Fútbol da Costa a base de fotos.
- O libro Mar de Paixón nace percorrendo ducias de anécdotas sobre a historia do Fútbol da Costa.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).