Mércores. 16.10.2019
El tiempo

“A Ataxia Costa da Morte modificounos o xene da fala e da coordinación, pero activounos o do sorriso”

Presentación do libro da Ataxia Costa da Morte en Corcubión
Presentación do libro da Ataxia Costa da Morte en Corcubión
“A Ataxia Costa da Morte modificounos o xene da fala e da coordinación, pero activounos o do sorriso”

”Existe un grupo de persoas afectadas pola Ataxia da Costa da Morte, que sacrificaron a súa capacidade de falar ou incluso de bailar, pola de loitar, compartir e ensinar. Só faltaba que atoparan a alguén con conciencia e capaz de levar a súa mensaxe ben lonxe, de acender unha bombilla nun deses lugares pequenos e esquecidos”. Así presentaba David Lourido o pasado venres o libro O Mal sen cura da Costa da Morte nunha abarrotada Capela do Pilar de Corcubión.

O seu autor, o xornalista carballes Manuel Rey Pan, e un dos mellores exemplos desa superación persoal, o corcubionés Rogelio Antelo, compartiron todas as súas inquedanzas sobre esta singular enfermidade con nome e raíz costeira, arredor dun “libro que nos serve de inmellorable oportunidade para concienciármonos, para mirarmos todos cara a Costa da Morte cas súas enfermidades e problemas varios; entre eles, a Ataxia SCA36”, apunda Lourido.

David Lourido Manu R Pan e Rogelio Antelo en Corcubion
David Lourido, Manuel Rey Pan e Rogelio Antelo

Entre o público, ademais do propio Rogelio, estaban outros afectados como o coñecido cabanés Ramón Moreira, un dos primeiros en poñer cara á enfermidade. Ficaron sorprendidos os veciñ@s corcubioneses da súa actitude, as ganas de participar, de loitar, de vivir ao final de todos os afectados.

Rogelio conta sempre o chiste de que a Ataxia modificou un xene que fai que falen e se coordinen mal, pero tamén modificou outro que lles fai seguir adiante cun sorriso.

Novas relacionadas

Comentarios