Venres. 23.08.2019
El tiempo

A Ataxia con nome da Costa da Morte

A Ataxia con nome da Costa da Morte
Ramón Moreira, veciño de Cabana que padece a Ataxia SCA36 ou Ataxia Costa da Morte Ramón Moreira, veciño de Cabana que padece a Ataxia SCA36 ou Ataxia Costa da Morte

Interesantísimo o artigo que publica esta semana GCiencia sobre a ataxia. O portal da ciencia galega titula o artigo “O mal sen cura da Costa da Morte”, lembrando que falamos dunha enfermidade rara neurodexenerativa que afecta á fala e ao aparello locomotor.

A categoría máis singular da variedade máis habitual en Galicia é a ataxia SCA36, unha doenza que vén herdada desde o século XIII en varias familias do litoral de Bergantiños. De aí que o nome vulgar co que se coñece no país sexa “Ataxia Costa da Morte.”

Manuel Rey recupera para GC a historia de Ramón Moreira, un veciño de Cabana afectado por esta variedade específica descuberta hai apenas 10 anos. Ramón tivo que xubilarse aos 53 por ter problemas de mobilidade, equilibro, audición…

”Nin mata nin doe”, e de feito os afectados desta mutación xenética herditaria soen ser bastante lonxevos.

Gciencia analiza máis pormenorizadamente o proceso científico da descuberta, así como os seus protagonistas. E apunta tamén que o vindeiro mes de xuño de 2018 terá lugar o segundo Congreso mundial sobre a Ataxia SCA36. Xa andan na procura de apoios.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC a raíz do artigo de GCiencia.

Comentarios