Venres. 19.04.2024
El tiempo

O carballés Manuel Rey Pan recolleu Premio Galicia de Xornalismo Científico por un estudo sobre a Ataxia

O carballés Manuel Rey Pan recolleu Premio Galicia de Xornalismo Científico por un estudo sobre a Ataxia
Manu R Pan recollendo o Premio Galicia a Xornalismo Cientifico Manu R. Pan recollendo o Premio Galicia a Xornalismo Cientifico

Contabamos en abril o estudo presentado polo carballés Manuel Rey Pan sobre a Ataxia da Costa da Morte. Un estudo publicado en GCiencia sobre ese mal sen cura tan característico da nosa bisbarra.

Un estudo que convencía ao xurado da Real Academia Galega de Ciencias de ser o mellor presentado neste curso, convertíndose no Premio Galicia de Xornalismo Científico.

Onte recollía orgulloso o premio, deixando claro que é responsabilidade dos medios de comunicación, sobre todo dos públicos, facer da ciencia un produto de consumo. “Poñan aos científicos nas portadas e en horario de máxima audiencia. Igual así, os nenos e as nenas de hoxe, de maiores, van querer ser coma eles”, contou dende o estrado.

O carballés, licenciado en Periodismo pola Pontificia de Salamanca, despois de pasar polo grupo Voz, é dende maio de 2016 redactor de GCiencia, a revista dixital de ciencia máis importante de Galicia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios