Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Caamaño e Lage: Dous xeitos de preparar as Provinciais no PSdG

Caamaño e Lage: Dous xeitos de preparar as Provinciais no PSdG

En plena campaña está o PSdG-PSOE para escoller o seu novo Secretario Provincial. E ollo, que onte Pachi Vázquez aseguraba que ía adiantar unhas Primarias a nivel autonómico para o verán, e pode que o vencedor desta campaña se presente como alternativa ao actual secretario autonómico.

E a nivel provincial son dous nomes os que se presentan: Francisco Caamaño e José Manuel Lage. Dous candidatos ademais que presentan dous xeitos diferentes de achegarse aos grupos municipais, como o demostraron esta semana.

Por unha banda, o ex ministro Caamaño (co que por certo mantivemos unha completa charla e que traeremos nos vindeiros días nunha nova sección de vídeo entrevistas da man do xornalista David Lourido) congregaba na casa da Cultura de Corcubión a membros de toda a bisbarra. Un Caamaño que na Costa xoga en casa, e que se nota nas súas convocatorias.
Voceiros municipais de Carnota a Camariñas se presentaron en Corcubión para escoitar as verbas de alento de Caamaño, nun acto presentado pola Coordinadora comarcal, a vimiancesa Nieves Lema, e pola Secretaria Local de Corcubión, Lucha González.

Pola outra parte, José Manuel Lage escolle xuntanzas privadas, e xa ten convocadas para esta semana varias reunións coas agrupacións municipais en diferentes concellos da zona.

Estaremos atentos aos resultados, e tamén ás posibles primarias, pois que de aquí ao verán o seguinte candidato á Xunta por parte do PSdG-PSOE sexa costeiro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios