Venres. 29.03.2024
El tiempo

Caamaño presenta hoxe en Corcubión o seu proxecto para o PSOE provincial

Caamaño presenta hoxe en Corcubión o seu proxecto para o PSOE provincial

O deputado no Congreso e candidato á secretaría provincial do PSOE coruñés, Francisco Caamaño, co que charlaremos a vindeira semana nunha nova sección de vídeo entrevistas en QPC da man do xornalista David Lourido, participará esta noite de venres, 11 de maio, ás 21 horas, nunha reunión con militantes socialistas da Costa da Morte para presentarlles o proxecto político co que opta á secretaría provincial do patido.

O exministro de Xustiza e presidente provincial saínte na executiva do veterano Salvador Fernández Moreda competirá con José Manuel Lage, deputado autonómico e aspirante a ser reelexudo para dirixir o partido na provincia.

A xuntanza, que terá lugar na Casa da Cultura de Corcubión, forma parte da rolda de contactos que Caamaño está a realizar coas diferentes agrupacións da provincia de cara ao congreso provincial dos socialistas coruñeses, que se celebrará o vindeiro 2 de xuño.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE.

Comentarios