A cadeira de Frank Buschmann vale un Antonio Fraguas da Deputación da Coruña
Fai auténticas xoias con madeira galega, como podedes comprobar no seu IG @frankbuschmannbella. E así o vén de ratificar un novo premio. Se en marzo recibía o Premio Artesanía de Galicia, Frank Buschmann hoxe convertiuse non novo gañador do premio Antonio Fraguas da Deputación da Coruña.
O carpinteiro alemán afincado en Corcubión, xunto co xoieiro Rodrigo Riveiro, fixéronse coa XIII edición do certame de artesanía da entidade provincial, que outorga 6.500€ por modalidade. Faino coa súa cadeira elaborada, de xeito tradicional, con castiñeiro galego.Precisamente, o xurado, formado por artesáns como Carla Canedo Martínez, Idoia Cuesta, Elena Ferro , Manuel González e Carmen Villalba Caramés valora un "traballo con técnicas de ebanistería tradicionais e factura exquisita”, qeue ten "a intencionalidade de recuperar unhas técnicas tradicionais de ebanistería que están decaídas xunto cun bo coñecemento das madeiras. e a aposta polas técnicas exactas e clásicas da carpintería, pero tamén cun deseño limpo e atemporal”.
"Samba de uma Nota Só" dá nome a esta cadeira contemporanea que estuda e actualiza unha serie de deseños clásicos e que aposta na súa produción por unha materia prima local. A peza, segundo o xirado "tira de modelos e maneiras de traballar que están máis asociadas ao tradicional que ao contemporáneo”. Frank ennoblece unha madeira historicamente non noble como é a do castiñeiro, invocando o espírito de Antonio Carlos Jobim, autor da canción. A orixe atopouna Frank nos anos 20 na Bauhaus.
O xurado con varias pezas presentadas ao certame
Novas relacionadas
- Maio 2020: Casiñas de madeira para loitar contra illamento do coronavirus.
- Decembro 2019: O ebanista Fran Buschmann, afincado en Corcubión, recibe o Premio Artesanía de Galicia.
- Xaneiro 2016: Os oficios volven a Corcubión.