Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Cancións como sardiñas en lata

Cancións como sardiñas en lata
Os cd lata de conservas de Hector Lera e Dous Calquera Portada de Al Natural de Hector Lera e Dous Calquera Logo de Hector Lera e Dous Calquera

Este venres 22 de Agosto, en Santa Comba (Tío Pancho) o grupo corcubionés Héctor Lera e Dous Calquera presenta o seu último traballo “Al natural", grabado nos estudios Broño (Negreira), pola técnica de son Cristina Morquillas e masterizado en Madrid en NUBE, por Santi Vega.

Recén saídos da fábrica de conservas o novo disco recupera os temas que levan tocando en directo nos seus concertos dos últimos anos. I é que, como nos conta Elías Outes, baixista da banda, “o noso novo traballo preséntase nun formato que vai ser impactante... unha lata de sardiñas de toda a vida, con caixa de cartón, abre fácil e tapa de conserva. Enlatado na conserveira ORBE S.A, de Vigo”. Aí é nada.

”O feito de facer un packaing deste xeito é algo máis que o detalle, é algo conceptual, no disco están grabadas as bases (guitarra, baixo e caixón, así como algunhas voces) en estudio pero en directo, para logo irlle añadindo arreglos de guitarras, saxos, pequenas percusións e coros na segunda fase, de aí tamén o nome Héctor Lera & Dous Calquera "Al natural”, cóntanos Francisco Javier Domíguez, Drok, o baterista.

Careta de Al Natural de Hector Lera e Dous Calquera

Unha lata que no canto de sardiñas leva temas, 17 temas, 15 xa editados anteriormente e dous temas novos, "Más, más más" e "Area en liberdade", así coma a recuperación e versión dun tema de Héctor da época de Ventolera, "Fotografiados".

O disco conta coa colaboración de xentes coma Xan Solo, Sr Recarey (Saxo), Jorge Biurum (Guitarra eléctrica), Lucas Lera (Voz e guitarra) así como a propia Cristina Morquillas nalgún coro.

Primeiras presentacións

Hector Lera e Dous Calquera Al Natural en Santa Comba

A demais da cita en Santa Comba, do venres 22, pasarán a Vigo, e tocarán o sábado 23, ó Xancarajazz, un clásico da noite Viguesa, onde xa levan 3 anos facéndose escoitar.

Deixan a última fin de semana de agosto para facer a presentación na casa, en Corcubión, cun dobre acto, primeiro as 9 da noite, presentación do disco na Capela de Pilar, ca colaboración da Universidade Cromática, e xa pola noite concerto no Pub Dados.

O disco pódese conseguir, nas presentacións/concertos ou dirixíondose a cada un de nós, Héctor Lera, Elías Outes e Drik, a un prezo de 12 €.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios