venres. 07.02.2025
El tiempo

Corcubión mantén as súas concentración solidarias con Palestina

Concentración Palestina 2 20-1-25
Corcubión mantén as súas concentración solidarias con Palestina

Non desiste o grupo do BNG da Costa da Morte que volveu secundar as concentracións convocadas en todo o país pola pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina. Unha vintena de persoas concentráronse este luns 20 de xaneiro na Praza Castelao de Corcubión. 

Leuse un manifesto no que se declarou: "que a ocupación continúa, o cesamento do fogo debe ser permanente, os criminais de guerra deben ser xulgados e o pobo palestino debe decidir o seu destino. O pobo palestino precisa non só que o paren de matar, senón tamén que o deixen en paz para poder erguerse de novo e voltar camiñar".

"Do sionismo é obrigatorio desconfiar. Os seus gobernos teñen roto tantas treguas e iniciado tantas agresións que é imposíbel xa contármolas. Por iso, nesta nova fase que se abre, hai que permanecer de ollos abertos a calquera violación dos acordos e continuar sempre a falar da Palestina, e continuar sempre a explicar a súa realidade".

A acción de denuncia de Israel, acompáñase da "denuncia da inacción e da covardía de quen nos goberna".

Comentarios