Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Carballo fixa a súa mirada no fotoxornalismo e na pintura

Carballo fixa a súa mirada no fotoxornalismo e na pintura
Exposicion Sindrome de Nagali en Carballo

Focaliza este mes de marzo o Concello de Carballo a súa mirada no fotoxornalismo e na pintura. E o fai a través da exposición "Cores: o síndrome de nagali", do creador coruñés José Navas Aranda; emais a exposición Fotoxornalismo 2013". Ambas exposicións foron inauguradas este pasado xoves.

Síndrome de nagali

Segundo explica o artista, a idea parte deste síndrome que denomina ás persoas que non teñen pegadas dactilares. Así, Navas subliña que a idea é a de "buscar o erro" nas imaxes impresas e "converter unha imaxe en serie nunha imaxe única".
. A mostra está composta por 21 obras de gran colorido, estética propia e gran forza expresiva. Parte de imaxes reais captadas da natureza que mediante un proceso que combina aspectos dixitais e manuais vanse transformando.

A mostra estará no Pazo da Cultura até o 6 de abril (visitable no horario habitual de 17.00 a 21.00 horas de luns a domingo).

Fotoxornalismo 2013

3º andar do Pazo da Cultura acolle a mostra "Fotoxornalismo 2013", na que participan varios autores e que está coordinada pola Deputación da Coruña. Trátase dunha exposición composta por fotografías captadas no último ano na provincia da Coruña por recoñecidos profesionais do fotoxornalismo. Mediante estas instantáneas, os 23 autores e autoras participantes achégannos todos os campos da actualidade, repasando os acontecementos e personaxes destacados e noticias do ano 2012 e parte do 2013.

Nesta duodécima edición participan os fotógrafos Amador Lorenzo, Andy Pérez, J. Cabalar, Vanesa Casteleiro, César Delgado, César Quián, Eduardo Pérez, Iago López, Javier Alborés, Jesús Sancho, José Sánchez, Juan Varela, Marta Capote, Mero Barral, Moncho Fuentes, Paco Rodríguez, Carlos Pardellas, Patry Fraga, Pedro Puig, Quintana, Susy Suarez, Torrecilla e Víctor Echave. Neste caso, a mostra estará aberta ao público até o 19 de marzo, no mesmo horario de 17.00 a 21.00 horas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios