Casiñas de madeira para loitar contra illamento do coronavirus
09:07 24/03/20
Puro amor o que arrecende a fonte da praza de Castelao, en Corcubión, noutra fermosa imaxe de todas as cousas boas que está sacando da sociedade esta corentena. Os que por alí pasaron no día de onte a recargar botellas cunha das augas máis frescas da contorna (de paso que facían outras cousas imprescindibles, por suposto), atopáronse cun singular agasallo. Estas casñtas de madeiras, feitas polo alemán afincado na vila de San Marcos, Frank Buschman, serviron para sacar o sorriso de varios veciños.
O premiado carpinteiro quixo ter este detalle para manter ese contacto necesario coa veciñanza, para que non se esquezan os uns dos outros.
Este foi o texto que acompañou ás casiñas.