Sábado. 27.07.2024
El tiempo

A cativada de Corcubión coñece o seu Mercado

Visita escolar ao mercado de Corcubion
A cativada de Corcubión coñece o seu Mercado

Mellores tempos vive o Mercado de Abastos de Corcubión. Despois de pasar moitos meses pechados, a Peixería Suarea e a Froitería Frutín manteñen agora vivo unha infraestrutura moi necesaria para o tecido social dun pobo. Situado no corazón da vila, permite que centos de veciñ@s poidan realizar compra de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de desprazamentos, cunha garantía de calidade asegurada, e  promocionando o produto local.

Eu quero Mercado Abastos

Por eso ao longo deste pasado venres, na semana do mercado, o Concello de Corcubión organizou coa colaboración da Xunta de Galicia (D.X. de Comercio e Consumo) e o CEIP Praia de Quenxe unha visita das/os escolares ao mercado municipal, para que gozasen dunha degustación de froitas de tempada e productos do mar (empanadas, mariscos, patés, froitas...) e en agradecemento á súa visita agasallóuselle cun presente da campaña.

Pinchos no Mercado de Corcubion

Comentarios