Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Catro Agrupacións de Protección Civil da zona fórmanse en Muxía

Catro Agrupacións de Protección Civil da zona fórmanse en Muxía
20 voluntarios de 5 agrupacións de Protección Civil da zona (Ames, Corcubión, Vimianzo e Dumbría ademais dos muxiáns) comezaron o pasado venres en Muxía un curso de segundo nivel de intervención no caso de accidentes na estrada, que contará con 34 horas lectivas repartidas nos sábados e domingos das tres primeiras semanas do mes de maio. Este curso vai dirixido a voluntarios que xa teñen o curso básico realizado. Entre os coñecementos que adquirirán os alumnos figuran os primeiros auxilios en caso de accidentes de tráfico e en accidentes en risco ambiental. Tamén adquirirán coñecementos tanto teóricos como prácticos dos métodos para actuar no caso de que fose preciso ter que recorrer á excarceración ou cando no accidente hai vehículos implicados con mercancías perigosas.

Comentarios