Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Chove, literalmente, no Xulgado e Corcubión

Chove, literalmente, no Xulgado e Corcubión
[fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10154720949312177/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Que difícil é levar un caso tan complexo como o da Operación Orquesta, entre outros centos deles. E máis se te chove enriba. Así se atopan no Xulgado de Corcubión, onde as pingueiras son máis que compañeiras de traballo. Xa en agosto denunciaba o inconcibible estado de abandono das instalacións dos Xulgados de Corcubión. Estamos a piches de pechar o ano e as imaxes que nos envía a CIG do xulgado número 1 corcubinés son aínda máis graves. A CIG leva anos denunciando a situación de abandono e o malestado no que se atopa o edificio dos xulgados, así como o desleixo e inacción por parte da Xunta de Galiza e o Concello de Corcubión, que non teñen adoptado ningún tipo de medida para atallar estas deficiencias. Isto derivou en que hoxe se estea a rexistrar unha inundación nas instalacións, nas que ademais se teñen que realizar xuízos. Os traballadores e traballadoras tiveron que baldear auga con caldeiros e papeleiras, por panos e papeis no chan e apagar as regletas e equipos eléctricos por temor a que se viran afectados pola auga. Esperan agora que o Ministerio de Xustiza faga algo ao respecto. 16-12-21-inundacion-xulgados-corcubion1

Novas relacionadas

Comentarios