Venres. 03.05.2024
El tiempo

Confraría e Concello de Corcubión trasladaron as necesidades ao Conselleiro do Mar e ao presidente de Portos de Galicia

Portos villares visita corcubion
Confraría e Concello de Corcubión trasladaron as necesidades ao Conselleiro do Mar e ao presidente de Portos de Galicia

 

Recibiu Corcubión a visita do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, para manter unha reunión institucional coa confraría e representantes do sector portuario da localidade. O representante do executivo galego estivo acompañado neste encontro polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez. 

O porto de Corcubión acolle a máis dunha vintena de embarcacións profesionais que operan na zona así como a actividade do Club Marítimo Carrumeiro, un dos máis antigos de Galicia, que desenvolve, entre outras, actividades náutico deportivas con escolares de toda a Costa da Morte. De aí que unha das necesidades máis solicitadas fose a posta en marcha, xa, do anunciado Porto Mixto

Outras das demandas que se trasladaron desde o sector pasan polo petición do asfaltado diante da lonxa por un desnivel e reparacións menores, que está pendente de executar no marco do contrato de mantemento global de Portos, ou a ampliación da lonxa para novos usos

Máis novas

Comentarios