Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A Confraría de Corcubión recibiu a visita da nova deputada Paula Mouzo

Paula Mouzo na Confraria de Corcubion
A Confraría de Corcubión recibiu a visita da nova deputada Paula Mouzo

Vanse estreando no seu posto as novas deputadas autonómicas costeiras. A semana pasadaa fíxoo Sandra Vilela, voceira do PP camariñán, e onte tocoule á voceira do PP de Camariñas, Paula Mouzo Mas. A percebeira e futbolista mantivo unha xuntanza con representantes da confraría de pescadores de Corcubión, co obxectivo de escoitar as demandas desta entidade.

“Foi unha xuntanza cordial e moi interesante, que serviu para recoller ideas e propostas que son útiles para procurar solucionar tanto necesidades concretas de Corcubión como para o sector do mar en xeral” declarou Mouzo.
A confraría estivo representada polo patrón maior, Urbano Suárez Canosa, polo asesor do pósito, José Domínguez Buiturón e outros membros, como Jenni Suárez. Seguro que a pecebeira camariñá e a patroa de Sardiñeiro tiveron moitas cousas que contarse sobre a súa estrea no mundo do fútfem.

Comentarios