Martes. 05.11.2024
El tiempo

A Conselleira do Mar esquécese das promesas feitas en xullo sobre o porto mixto de Corcubión

Embarcacion as pedras de Santa Isabel en Corcubion
Cada vez que hai temporal, algunha embarcación remata nas pedras de Santa Isabel
A Conselleira do Mar esquécese das promesas feitas en xullo sobre o porto mixto de Corcubión

O pasado mes de xullo a Conselleira do Mar achegábase por Corcubión para estudar coa confraría as posibles medidas de mellora de abrigo do peirao de Corcubión. Eran 4 as propostas que puña enriba da mesa, que voa como esas promesas que nunca se levarán a cabo. Ou polo menos neste 2021, unha vez que a Xunta esqueceu incluír partida algunha para desenvolver o proxecto do porto mixto.

Como xa o BNG a nivel nacional, a comitiva nacionalista de Corcubión insiste na necesidade de incluír unha partida para o tema e explican que os deputados Daniel Pérez López e Rosana Pérez Fernández veñen de presentar proposición non de lei sobre o proxecto para que se debata no pleno da cámara galega.

Esta demanda histórica, como repiten a Confraría e o Club Marítimo Carrumeiro, incluiría porto para embarcacións profesionais e recreativas, pois é unha das “demandas históricas” no noso Concello, xunto co tan prometido porto deportivo.

O portavoz municipal, Lois Lado manifestou que “O PP pasa a vida prometendo e prometendo, e hai que lembrar que a conselleira, xa no 2009, se comprometera a desbloquear o proxecto do porto deportivo e a elaborar unha folla de ruta clara e transparente, e aínda agora seguimos esperando polos planos”. O edil nacionalista engadiu que “non podemos esperar máis, os armadores e propietarios das embarcacións non dormen cada vez que vén o mal tempo, veremos esta fin de semana a ver que barco vai ás pedras”.

OUTRAS ENMENDAS

Ademais, dende o BNG da Costa da Morte, por medio de Néstor Rego coma deputado do BNG no Congreso dos Deputados, inclúen a necesidade de incluír 15,2 millóns de euros coma investimentos específicos necesarios e estratéxicos para os intereses da zona, entre eles:
- O Saneamento integral da ría de Corcubión, para os que resultan necesarios 10 millóns de euros.
- A construción da Base de loita contra a contaminación mariña, cun investimento de 1 millón de euros
- Recuperación das instalacións do heliporto de Ruibo-Cee e do seu servizo de rescate. 
- Unión dos paseos marítimos entre Cee e Corcubión, que permita unir ambas vilas e mellorar as condicións de mobilidade e seguridade no tránsito de peóns, e mellorar ademais as recollidas de vertidos á ría..
- Actuación integral para a promoción cultural internacional do Cabo Fisterra coma referente e dinamizador turístico da Comarca (3 millóns de euros)


Novas relacionadas

Comentarios