Mércores. 21.08.2019
El tiempo

Controlado a tempo un pequeno incendio en Corcubión

Helicóptero antiincendios en Corcubión-Foto-Prot Civil Corcubión
Helicóptero antiincendios en Corcubión-Foto-Prot Civil Corcubión
Controlado a tempo un pequeno incendio en Corcubión

Aínda non comezara a temporada de lumes na Costa da Morte, e esperemos que aguante. Pero esta mañá, Corcubión sufría o primeiro intento. Acontecía nun prado entre Cabo C e Cabo da Nave, na zona de piñeiros do Prado do Monte. Afortunadamende a rápida intervención dos medios antiincendios (un helicóptero, dúas brigadas, dous agentes e un bull) Protección Civil, e Garda Civil, a unha zona de fácil acceso, permitiron controlar rapidamente o lume.

A alarma saltaba ás 11:00h e a apenas un par de horas despois xa quedou controlado. Os medios quedaron arrefriando a zona.

Todo apunta a que se trata dun incendio intencionado.

Curiosamente no lugar do incendio expertos en arqueoloxía sitúan unha posible estrutura de campamento viquingo, e tamén foi unha zona onde se formulou a construción dunha piscifactoría. 

Incendio no Cabo de Corcubion-Foto-Prot Civil CorcubionIncendio no Cabo de Corcubion-Foto-Prot Civil Corcubion 2

Novas relacionadas

Máis novas sobre incendios

Comentarios