Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Corcubión acode ao Grupo Socialista para conseguir unha axuda da Xunta para actualizar o Plan Especial do Casco Histórico

Corcubión acode ao Grupo Socialista para conseguir unha axuda da Xunta para actualizar o Plan Especial do Casco Histórico
Xuntanza Manuel Insua Maria Pierres Leiceaga Loli Toja en Corcubion Xuntanza de Lalo Insua con Maria Pierres, Leiceaga e Loli Toja en Corcubión

Continúa o casco histórico de Corcubión sen un control ante a falta de adaptación do Plan Especial de protección do conxunto histórico. Unha situación que se deriva do Plan Especial do Casco Histórico en 1985 (que tamén afecta ao concello de Betanzos), e que ten que ser actualizado, como máximo en agosto de 2018. O alcalde Lalo Insua ten realizado xa dúas reunión coa secretaria xeral de Urbanismo, en xaneiro e outubro, para pedirlle apoio económico do goberno galego. Pero súa negativa aboca ao incumprimento do prazo para actualizar, con implicacións negativas para todo o Concello.

Ante esta situación, Insua pediu o apoio do Grupo Socialista e mantivo unha reunión co portavoz socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, a portavoz de Urbanismo, María Pierres, e a deputada socialista da Costa da Morte, Loli Toja.

A idea é comezar unha “ofensiva parlamentaria” para que a Xunta apoie cun investimento de 100.000€ que resolverían esta situación, “unha pequena contía que resulta excesiva para un Concello de apenas 1.600 habitantes, que ten un orzamento de 1,3 millóns, dos que 770.000 son tan só para pagos de persoal”.

Corcubión apunta que o concello foi “modélico” nas intervencións que dende a ARI ven facendo nos últimos anos pero, sinalan, a perda dos beneficios da existencia deste Plan Especial, así como no axeitado funcionamento da Área de Rehabilitación Integral “pode supor un freo e parálise da actividade rehabilitadora  e de mellora das condicións de vida dos veciños e veciñas”.

Lembran que a Oficina de rehabilitación canalizou axudas para 61 veciños e veciñas nos últimos anos , con subvencións de preto de 465.000€ durante os 7 anos que leva en marcha.

Fonte

Comentarios