venres. 13.06.2025
El tiempo

Corcubión acolle esta finde dúas estreas teatrais moi especiais

Casa Hamlet neste tempo de flautistas
Corcubión acolle esta finde dúas estreas teatrais moi especiais

Acolle Corcubión este venres 13 unha obra moi especial. A Escola de Teatro Casa Hamlet estrea a súa obra “Neste feble tempo de frautistas”, dirixida por Santiago Fernández e na que participa xentes da vila de San Marcos como Elisa Lema, Fernando Castro ou Marina Gómez Pose.

Trátase dunha obra grupal baseada en textos de diferentes autores: Fernando de Rojas, Álvaro Cunqueiro, Ángel González, Manuel Lourenzo, Fernando Castro, W. Shakespeare, B. Brech. E será a posta en escea do traballo realizado polos alumnos ao longo do curso, coa dramaturxia e dirección de Santiago Fernández.

A cita será eenres 13 as 20h no Auditorio da Casa da Cultura Plácido Castro de Corcubión.

Máis cousas para o sábado

Ademais, o sábado 14 ás 12h: terá lugar a presentación mensual do libro Brincadeiras Poéticas. Un proxecto que vén da man da Fundación Plácido Castro editado por Jacobo Domínguez e Xulio Ríos. Un libro que reúne diversos poemas íntimos de Plácido Castro, quen sen querer recoñecerse como poeta sempre considerou a poesía a maior das artes. Para a edición, María do Cebreiro Rábade Villar contextualiza o significado da exploración poética do noso autor. Ademais cada poema esta ilustrado por un/unha artista gallega, tres delas da contorna de Costa da Morte.

Acompañarán a presentación a presidenta da Fundación e filla de Plácido, Susi Castro e o secretario Jacobo Domínguez

Igualmente, o sábado 14 xa ás 20h, nova cita co teatro co alumnado de infantil da Escola Municipal de Teatro acompañadas polo seu mestre Toño Casais, estrea da peza: “Delmira II e o Dragón Gutiérrez”.

Outras novas

Comentarios